Steve Seidel
Profesor e investigador da Facultade de Educación da Universidade de Harvard e do Project Zero. Director do programa de Arts in Education da Universidade de Harvard.
Gabriel Rusinek
Profesor e investigador da Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid. Os seus traballos de investigación téñense centrado sucesivamente na aprendizaxe musical significativa, a composición cooperativa, as pedagoxías inclusivas en educación musical e a experiencia do público nas artes escénicas. Actualmente é membro do proxecto de I+D “O impacto da educación musical na sociedade e na economía do coñecemento”, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade.
Antía G. Ben
Doctorando en educación musical multicultural da Universidade de Wisconsin, Madison. Ex bolseira da Fundación Barrié e asesora de educación de enlazARTE e Galician Connection.
Fetén Fetén
Os músicos Diego Galáz e Jorge Arribas combinan a súa paixón pola música con concertos didácticos centrados na música popular e o poder dos instrumentos insólitos.
San Simon Fiddle Camp
Os músicos e emprendedores Anxo Pintos e Alfonso Franco comparten a súa paixón polos valores da enseñanza da música popular coa creación de seu proxecto educativo e de comunidade San Simón Fiddle Camp.