Cando

Data de celebración: 11 e 12 de decembro de 2015.

Inscrición aberta ata o 7 de decembro.

PROGRAMA

Venres 11 de Decembro 17.30-20.30h:
ABERTO AO PÚBLICO

Conferencia Foro: O poder das artes na educación

Unha tarde para explorar e reflexionar a través de:

  • A visión do investigador da Universidade de Harvard e o Project Zero e creador do seu programa de Artes na Educación, Steve Seidel.
  • A exploración de proxectos educativos que integran as artes no panorama nacional coa visión e experiencia do investigador e docente da Universidade Complutense, o Dr. Gabriel Rusinek especializado na aprendizaxe musical significativa, a composición cooperativa, as pedagoxías inclusivas en educación musical e a experiencia do público nas artes escénicas.
  • A inspiradora recopilación sobre iniciativas pedagóxico-musicais nacionais, de ámbito público e privado, que ten realizado a ex bolseira da Fundación,  Antía G. Ben.
  • As intervencións de Anxo Pintos e Alfonso Franco, creador do San Simón Fiddle Camp, e do dúo de instrumentos insólitos Fetén Fetén, cos músicos e profesores Diego Galaz e Jorge Arribas.

17.30-19.00h

Antía G. Ben, doctorando Universidad de Wisconsin
Dr. Gabriel Rusinek, Universidade Complutense

19.00h PAUSA

19.30-20.30h

Prof. Steve Seidel, Universidade de Harvard
Moderado por Cristina Pato.

Sábado 12 de Decembro

10.00-13.30h: OBRADOIROS
SÓ PARA INSCRITOS

*Modelado segundo o perfil dos participantes inscritos na xornada.

Unha mañá para poder traballar e coñecer de preto a todos os ponentes de enlazARTE. Con sesións de traballo en grupo, segundo os intereses comúns dos participantes inscritos.

Realizaranse dous obradoiros complementarios, un teórico e un práctico. Coa idea de profundizar nos temas do Foro e crear posibles sinerxías entre os inscritos á xornada, a sesión da mañá do sábado contará con mesa redonda, sesión en grupo e un obradoiro sobre a experiencia en iniciativas didácticas, usando como modelo o concerto didáctico de Fetén Fetén e o modelo de música e comunidade creado por Alfonso Franco no San Simón Fiddle Camp.

Remataremos esta xornada elaborando unhas conclusións sobre o papel das artes e da música na nosa sociedade.

17-19h: Ensaios Abertos
SÓ PARA OS INSCRITOS INTERESADOS

Posibilidade de asistir á preparación do concerto didáctico que compartirá, en líneas xerais, as conclusións das xornadas de enlazARTE.

NOTA * Modelado segundo o perfil dos participantes inscritos, a idea é poder contar coa colaboración dun número selecto de músicos e pedagogos inscritos ás xornadas e contactados previamente.

20.30h: CONCERTO enlazARTE
ABERTO AO PÚBLICO

Unha viaxe a través do poder da música popular e dos instrumentos tradicionais, e non tan tradicionais, o concerto de clausura de enlazARTE nace coa idea de compartir as ideas e conclusións sobre o poder da música na educación nun formato diferente, ameno e participativo.

Con Cristina Pato á cabeza, o concerto de enlazARTE contará cun programa creado en colaboración co dúo de instrumentos insólitos Fetén Fetén (Diego Galaz e Jorge Arribas), co multiinstrumentista e docente Anxo Pintos e coa colaboración dos ponentes e participantes das xornadas de enlazARTE .